Daniel Jacob
Daniel Jacob
Daniel Jacob, doctorouse na universidade de Heidelberg (cunha tese sobre o francés falado) e pasou a súa "habilitación" en Friburgo/Brisgovia (cunha tese sobre a formación do pasado composto nas linguas románicas). Tras ter ocupado cátedras nas universidades de Múnich e de Colonia, regresa en 2007 a Friburgo onde ocupa unha cátedra de Lingüística Románica.
Os seus temas de investigación son a sintaxe española e francesa, a teoría sintáctica, a gramática funcional (tipoloxía e cambio lingüístico), a análixe histórica do discurso, a historia do español.
Entre os libros que co-editou figuran Focus and Background in Romance Languages (Amsterdam: Benjamins, en prensa, xunto con A. Dufter), Lengua medieval y tradiciones discursivas en la Península Ibérica: descripción gramatical pragmática histórica metodología (Frankfurt a. M./Madrid: Vervuert/Iberoamericana, 2001, xunto con J. Kabatek), entre os seus artigos están "Fonction construction cadre valenciel: Le «sens » des constructions verbales entre communication et grammaire" (2006), "De la función primaria a la autonomía de la sintaxis: hacia un enfoque sociológico del cambio gramatical" (2003); "Poésie rythmique et 'traditions discursives': une perspective prototypicaliste sur les genres médiévaux" (2003); "¿Representatividad lingüística o autonomía pragmática del texto antiguo? El ejemplo del pasado compuesto" (2001).
