Normas e prazos


VIII CONGRESO DE HISTORIA DA LINGUA ESPAÑOLA
14 - 18 de setembro de 2009
FACULTADE DE FILOLOXÍA
Universidade de Santiago de Compostela
http://www.8cihlesantiago.org

Normas editoriais para a entrega da versión final da comunicación-ponencia

DATA LÍMITE: 31 DE XANEIRO DE 2010

Envío: Remítase a versión dixitalizada a congreso@8cihlesantiago.org e a copia en papel á Secretaría del Congreso
A comisión organizadora enviará por correo electrónico un acuse de recibo.

1. TEXTO

A comunicación deberá cumprir as seguintes especificacións:

a) Máximo 15 folios DIN A4, incluidas as notas e as referencias bibliográficas. 31.295 caracteres con espazos.
b) Formato: Word ou WordPerfect (Windows).
c) Fonte: Times New Roman, corpo 12.
d) Parágrafo: Aliñación xustificada. División de palabras desactivado. O texto deberá ir a dobre espazo. Se se empregan exemplos, éstos irán con interliñado simple, sangrados e numerados.
Se o texto tivera incisos e/ou subtítulos, deben ir enumerados en numeración arábiga.
e) Encabezamento:

• Título: centrado con minúsculas de corpo doce;
• Nome e apelidos do autor: debaixo do título, centrado, con minúscula de corpo dez;
• Universidade ou centroól que pertence o autor: debaixo do nome, centrado con minúscula de corpo dez;
• Enderezo do autor.

2. EXEMPLOS

Cando a comunicación inclúe exemplos, poderán situarse fora do texto ou incorporados a el. Se se opta pola primeira posibilidade, irán sangrados por ambos lados, sen comiñas, en tamaño Times N.R. 11. Recurrirase á numeración consecutiva e utilizaranse números arábigos entre parénteses. A zona específica do exemplo que se desexa resaltar debe ser remarcada en cursiva. Se agrupase varios exemplos baixo o mesmo número, enumérese cada un cunha letra, como no exemplo seguinte:

(1)  a.    EXEMPLO [Fonte]
      b.    EXEMPLO [Fonte]
      c.    EXEMPLO [Fonte]

Todo os exemplos deben indicar a fonte da cal se obtiveron. Pódese empregar unha ou máis palabras clave a modo de abreviatura. Ó final do artigo incorporarase un apartado de "Corpus bibliográfico", con indicación das abreviaturas empregadas e os datos bibliográficos completos das fontes utilizadas.

NOTA: Este "Corpus bibliográfico" é independente do apartado de referencias bibliográficas citadas no texto. É dicir, tralas conclusións, abrirase un apartado de corpus y tras éste un apartado de referencias bibliográficas.

3. REFERENCIAS CITADAS EN TEXTO

As citas longas separaranse do corpo do traballo e irán sangradas por ambos lados, sen comiñas, en tamaño Times N.R. 11. As citas pouco extensas poderán integrarse no corpo do artigo, pero entre comiñas.
A bibliografía irá ó final do traballo, polo que se recomenda que as referencias se introduzan entre parénteses dentro do propio texto, incluíndo no seu interior o autor, o ano e a páxina, como, por exemplo, (Michalski 1986: 320). Se se trata dun libro reeditado, indíquese o ano da primeira edición e o da edición empregada, separadas ambas datas por unha barra inclinada: p. ej., Lausberg (1962/1966: 232). Se a edición do libro abarcou máis dun ano, recóllese o lapso separando os anos mediante un guión: p. ex., Meyer-Lübke (1890-1906: 169).
Se fose necesario incluír o nome do autor no propio texto, o ano de publicación e as páxinas irán entre parénteses:

(2) Como sinalou Schmitt (1892: 33), o pensamento...

4. NOTAS

Presentaranse ó final do texto, numeradas correlativamente en número arábigos.
As chamadas dentro do texto irán en superíndice. O punto, a coma e o punto e coma colocaranse sempre despois do número en superíndice, nunca antes. Polo contrario, se huobese comiñas, situaranse sempre antes do número da nota e, de darse el caso, antes dos signos de puntuación:

(3) Esas son as chamadas "linguas por elaboración"1.

5. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Ó final da comunicación debe incluírse un apartado de referencias bibliográficas citadas. Esta sección irá encabezada pola palabra Bibliografía en letra negriña e centrada.
A ficha bibliográfica debe incluír os seguintes datos:
a) Autor ou autores: apelido e nome de pila completo. Se fosen varios os utores, incluiranse os nomes de todos.
b) Ano de publicación entre parénteses.
c) Título da obra, en cursiva, se se trata dun libro, e entre comillas, se dun artigo.
d) No caso de artigos, indicarase o libro ou revista en que se publicou. Se forma parte dun libro, reflexaranse todos os datos bibliográficos, e, se procede dunha revista, título en cursiva e número.
e) Pé de imprenta: cidade de publicación e editorial.
f) No caso de artigos, as páxinas que abarca.

Modelos:

(3) Ferreira, José de Azevedo (1989): Bibliografia Selectiva da Língua Portuguesa. Lisboa: ICALP.
(4) Fernández Rei, Francisco (1988): "Posición do Galego entre as linguas románicas", Verba 15, pp. 79-107.
(5) Granda, Germán de (1983): "La Lingüística Románica y su contribución a la teoría general de la Gramática Histórica", in F. Marcos Marín (coord.): Introducción plural a la gramática histórica. Madrid: Cincel, pp. 259-288.

6. CORPUS

Integre o seu corpus en orde cronolóxico como se indica a continuación:

[Cid] Anónimo, Cantar de mio Cid. Texto, gramática y vocabulario, edición paleográfica de Ramón Menéndez Pidal, volumen 3, Madrid: Espasa Calpe, 1944-1945.
[Celestina] Fernando de Rojas, La Celestina, edición crítica de Dorothy S. Severin, Madrid: Cátedra, 1993.

7. CADROS, TÁBOAS E SIMILARES

Se os houbese, deberán enviarse como arquivo independente e indicar claramente no seu texto onde deben entrar. É conveniente numeralos.